Aviso de cookies
Usamos cookies para mejorar tu experiencia en nuestro sitio web.
Política de cookiesXestión de redes sociais · Galicia
Encargámonos das túas redes de principio a fin: estratexia, gravación no teu negocio, reels, stories, publicacións e campañas. Ti segues co teu; nós facemos que se note fóra.
Imos ao teu local gravar contido real: o teu equipo, o teu produto e o teu día a día.
Planificamos que se publica, cando e en que rede, e ensinámoscho antes.
Contámosche que funciona e axustamos a estratexia para gañar alcance, comunidade e clientes.
Un equipo que coñece o teu negocio e se encarga de todo, da idea á publicación.
Analizamos o teu negocio, a túa competencia e o teu público para decidir que contar e onde.
Organizamos sesións de gravación no teu negocio coa frecuencia que necesites.
Editamos reels, deseñamos publicacións e stories e publicámolas segundo o calendario.
Medimos os resultados e informámoste de todo o que facemos.
Escolle o nivel de presenza que necesita o teu negocio.
Negocios galegos aos que axudamos a crecer en redes.
Instagram, Facebook, TikTok e LinkedIn, segundo onde estea o teu cliente.
Sempre que se poida. O contido gravado no teu negocio funciona moito mellor que as imaxes de stock. Acordamos contigo a frecuencia das sesións.
Si. Ensinámosche o calendario e os contidos para que poidas revisalos.
Podemos xestionar campañas en Meta (Instagram e Facebook). O investimento en anuncios págase á parte, directamente á plataforma.
As redes necesitan constancia: os primeiros meses serven para crear comunidade e ver que funciona; a partir de aí axustamos para crecer.
Cóntanos como están as túas redes e que queres conseguir. Propoñémosche o plan que mellor encaixe.
Usamos cookies para mejorar tu experiencia en nuestro sitio web.
Política de cookies