Deseño web e landings · Galicia

Webs que traballan para o teu negocio

Deseñamos webs e landings en WordPress, rápidas, bonitas e doadas de xestionar, pensadas para que te atopen en Google e te contacten ou reserven. E como tamén levamos redes, todo fala o mesmo idioma.

Web deseñada por HYDRA para o Encontro Galego do Saxofón

Que te atopen en Google

SEO desde o primeiro día: estrutura, textos, velocidade e ficha de Google preparados para aparecer cando te buscan.

Reservas e contactos 24/7

Formularios, reservas e pagamentos online para que a túa web venda mentres ti atendes o teu negocio.

Doada de actualizar

Traballamos con WordPress: cambias textos, fotos ou prezos ti mesma, sen depender de ninguén.

Así o facemos

Da primeira reunión á túa web publicada, cun único equipo que se encarga de todo.

1. Briefing

Entendemos o teu negocio, o teu cliente e o que necesitas que faga a web: vender, reservar ou captar contactos.

2. Deseño

Presentámosche a estrutura e o deseño coa túa marca antes de programar nada.

3. Desenvolvemento

Montamos a web en WordPress, adaptada ao móbil, rápida e co SEO básico feito.

4. Lanzamento

Publicámola, conectamos Google e a analítica, e ensinámosche a xestionala.

Escolle o teu plan

Tres formas de ter a túa web, segundo o que necesite o teu negocio.

Landing

Unha páxina pensada para vender un servizo ou captar reservas
  • Deseño a medida coa túa marca
  • Textos orientados a vender
  • Formulario ou sistema de reservas
  • Adaptada ao móbil e con SEO básico
  • Ideal para campañas e anuncios

Web profesional

A web completa do teu negocio
  • Todo o da landing
  • Páxinas de servizos, empresa e contacto
  • Blog ou sección de novidades
  • Ficha de Google e analítica
  • Formación para xestionala
O máis escollido

A medida

Tendas online, reservas con pagamento, áreas privadas…
  • Tenda online ou reservas con pagamento
  • Integracións a medida
  • Varios idiomas
  • Mantemento e soporte
  • Orzamento personalizado

Proxectos reais

Algunhas das webs que fixemos para empresas e entidades de Galicia.

Nova web con inscricións e unha estrutura clara para organizadores e participantes.

Logotipo e páxina web para unha empresa que empezaba de cero.

Identidade, web e redes para unha clínica dental nova en Viveiro.

Preguntas frecuentes

Depende do tamaño. Unha landing pode estar en poucas semanas e unha web completa necesita algo máis. Na proposta dámosche un calendario pechado.

Si. Traballamos con WordPress e ensinámosche a cambiar textos, fotos e prezos. Se o prefires, facémolo nós co servizo de mantemento.

Si: estrutura, títulos, velocidade, versión móbil e datos do teu negocio configurados desde o principio.

Si. Integramos reservas, formularios avanzados ou pagamentos online segundo o que necesite o teu negocio.

Si, con empresas de toda Galicia, tamén do rural. As reunións poden ser presenciais ou por videochamada.

Empresas que xa confían en nós

Aaron Blanco
Aaron Blanco@artai
Read More
Gran capacidad de trabajo, ideas innovadoras y dedicación. Satisfacción al 200% como cliente por los resultados y la implicación con mi empresa. Profesionalidad en estado puro!
Isa Otero
Isa Otero@tawimomentos
Read More
Desde el momento cero que empiezas a trabajar con ellos te das cuenta de su profesionalidad y experiencia. Son muy amables y pacientes, me ayudaron mucho con mis dudas y mis proyectos...muy recomendables.
Patry Pérez
Patry Pérez@patripoppins
Read More
Son un GRAN equipo de profesionales. Te aconsejan, te apoyan y te dan un servicio de 10! Recomendadas al 100%
Lois Babarro
Lois Babarro@ajeourense
Read More
Contar con Hydra Marketing en AJE para gestionar nuestra comunicación ha sido un punto de inflexión tanto en la visibilidad como en el valor de la misma ante nuestros asociados. Profesionalidad y compromiso son las palabras que definen a esta empresa.
Una mesa por favor
Una mesa por favor@unamesaporfavor
Read More
Nos llevan la gestión de las RRSS y estamos encantados. Son muy profesionales y tienen buenas ideas. Las recomiendo 100%
María Rivas
María Rivas@namoreiras
Read More
Un grupo de mulleres que traballar desde a empatía e o saber facer, adaptándose o cliente e quitando o mellor de casa persoa e proxecto. A calidade das publicacions , dos textos, do trato é estupendo. Qué sigan medrando e dando tantas alegrías os negocios e quen estamos detrás.
Laura Calvo
Laura Calvo@drlauracalvo
Read More
Grandes profesionales con las que he sentido sensación de equipo, una forma fácil y divertida para dar a conocer mi proyecto y mi visión de la medicina estética. Un placer trabajar con ellas!!
Saídres de Trasdeza
Saídres de Trasdeza@saídrestd
Read More
Muy profesionales y siempre atentas. Es muy fácil trabajar con ellas!
Previous
Next

A túa web tráeche clientes? Facémosche un diagnóstico gratuíto.

Falamos?

Cóntanos que necesitas e preparámosche unha proposta con prazos e orzamento pechado.