Aviso de cookies
Usamos cookies para mejorar tu experiencia en nuestro sitio web.
Política de cookiesDepartamento de marketing · Galicia
Un equipo completo traballando para a túa empresa cada mes: estratexia, web, redes, deseño e comunicación coordinados por unha soa axencia. Para empresas que queren crecer e non teñen tempo de xestionar cinco provedores.
Estratexia, deseño, web, redes e comunicación coas mesmas persoas, que coñecen o teu negocio.
Definimos metas e un plan anual, e revisámolo contigo de forma periódica.
Sabes o que pagas cada mes e o que inclúe, sen sorpresas.
Funcionamos como un departamento máis da túa empresa.
Analizamos a túa marca, a túa web, as túas redes e a túa competencia.
Propoñémosche obxectivos, accións e calendario para o ano.
Encargámonos de todo: contidos, campañas, web, deseño e comunicación.
Reunións periódicas, informes e axustes para mellorar os resultados.
Unha cota mensual, todo o marketing da túa empresa.
Empresas e entidades que confían en nós como o seu equipo de marketing.
Cun departamento de marketing todo está coordinado: a web, as redes e as campañas seguen a mesma estratexia e aforras xestionar varios provedores.
Para pemes que queren crecer con marketing de forma continua e non teñen, ou non queren ter, un equipo interno.
Terás unha persoa de referencia en HYDRA e reunións periódicas para revisar resultados e próximos pasos.
Si. Podemos empezar cun plan e amplialo a medida que vexas resultados.
Cóntanos como é a túa empresa e que queres conseguir. Preparamos un diagnóstico gratuíto do teu marketing.
Usamos cookies para mejorar tu experiencia en nuestro sitio web.
Política de cookies