Aulas online para empresas · Galicia

Creamos a túa aula online para rendibilizar o teu negocio

Montamos unha plataforma online coa túa marca desde a que vender os teus cursos, formacións e servizos. Gravamos e editamos os vídeos, preparamos manuais e exames e deixámolo todo listo para cobrar online. Ti pos o coñecemento; a túa aula vende por ti as 24 horas.

Unha nova fonte de ingresos

A túa experiencia convertida en cursos online que se venden todo o ano, sen horarios nin desprazamentos.

Forma o teu equipo sen repetirte

Explica as cousas unha vez e que cada empregado, socio ou colaborador as aprenda ao seu ritmo, con seguimento.

A túa academia, coa túa marca

Plataforma, web e alumnos son teus. Sen comisións por venda e con control total dos teus contidos.

Así o facemos

Do teu coñecemento a unha academia que vende, paso a paso.

1. Diagnóstico

Analizamos que sabes, a quen queres formar e que formato encaixa: cursos de pagamento, formación interna ou ambos.

2. Contido

Ordenamos o teu coñecemento en cursos, módulos e leccións, e axudámosche a preparar vídeos e materiais.

3. Plataforma e web

Montamos o teu campus virtual (por exemplo, con Moodle) e unha web clara que presenta os cursos e permite inscribirse.

4. Alumnos

Lanzamos os teus cursos con redes sociais, campañas e contido para que cheguen a quen os necesita.

Escolle o teu plan

Catro formas de traballar contigo, segundo o que xa teñas e ata onde queiras chegar.

Plataforma

Xa tes os teus cursos e necesitas onde vendelos
  • Campus virtual (Moodle) coa túa marca
  • Web co catálogo de cursos
  • Subida dos teus materiais
  • Matrícula e pagamento online
  • Formación para xestionala ti

Cursos sen vídeo

Creamos os teus cursos en formato escrito
  • Todo o do plan Plataforma
  • Estrutura de cursos e módulos
  • Temarios e manuais en PDF
  • Exames e avaliacións
  • Subida e configuración no campus

Pack 4 cursos

Chave en man: ti só pos o coñecemento
  • Todo o do plan Cursos sen vídeo
  • Guión de cada lección
  • Gravación e edición de vídeos
  • 4 cursos completos e listos para vender
  • Lanzamento en redes sociais
O máis escollido

A medida

Máis cursos, formación interna ou proxectos especiais
  • Número de cursos á túa medida
  • Integracións e funcións especiais
  • Formación para equipos e socios
  • Mantemento e soporte continuo
  • Orzamento personalizado

Proxectos reais

Así montamos a academia online dun centro de formación especializada en aviación.

Web de venda de cursos e campus en Moodle con exames e certificados.

Preguntas frecuentes

É un espazo web propio, tamén chamado campus virtual ou academia online, onde os teus alumnos acceden aos cursos, ven os vídeos e materiais, fan exercicios e ti segues o seu progreso.

Non. Montamos a plataforma, entregámola lista e ensinámosche a usala. Se o prefires, tamén nos encargamos do mantemento.

Si. Podes vender licenzas para equipos, crear grupos por empresa e dar acceso a varios empregados cun único pagamento.

Depende de cantos cursos haxa que crear. Unha plataforma con cursos xa feitos pode estar en poucas semanas.

Empresas que xa confían en nós

Aaron Blanco
Aaron Blanco@artai
Read More
Gran capacidad de trabajo, ideas innovadoras y dedicación. Satisfacción al 200% como cliente por los resultados y la implicación con mi empresa. Profesionalidad en estado puro!
Isa Otero
Isa Otero@tawimomentos
Read More
Desde el momento cero que empiezas a trabajar con ellos te das cuenta de su profesionalidad y experiencia. Son muy amables y pacientes, me ayudaron mucho con mis dudas y mis proyectos...muy recomendables.
Patry Pérez
Patry Pérez@patripoppins
Read More
Son un GRAN equipo de profesionales. Te aconsejan, te apoyan y te dan un servicio de 10! Recomendadas al 100%
Lois Babarro
Lois Babarro@ajeourense
Read More
Contar con Hydra Marketing en AJE para gestionar nuestra comunicación ha sido un punto de inflexión tanto en la visibilidad como en el valor de la misma ante nuestros asociados. Profesionalidad y compromiso son las palabras que definen a esta empresa.
Una mesa por favor
Una mesa por favor@unamesaporfavor
Read More
Nos llevan la gestión de las RRSS y estamos encantados. Son muy profesionales y tienen buenas ideas. Las recomiendo 100%
María Rivas
María Rivas@namoreiras
Read More
Un grupo de mulleres que traballar desde a empatía e o saber facer, adaptándose o cliente e quitando o mellor de casa persoa e proxecto. A calidade das publicacions , dos textos, do trato é estupendo. Qué sigan medrando e dando tantas alegrías os negocios e quen estamos detrás.
Laura Calvo
Laura Calvo@drlauracalvo
Read More
Grandes profesionales con las que he sentido sensación de equipo, una forma fácil y divertida para dar a conocer mi proyecto y mi visión de la medicina estética. Un placer trabajar con ellas!!
Saídres de Trasdeza
Saídres de Trasdeza@saídrestd
Read More
Muy profesionales y siempre atentas. Es muy fácil trabajar con ellas!
Previous
Next

Canto podería gañar a túa empresa cos seus propios cursos? Contámoscho gratis.

Falamos?

Cóntanos que sabes facer e a quen che gustaría formar. Respondémosche enseguida.