Aviso de cookies
Usamos cookies para mejorar tu experiencia en nuestro sitio web.
Política de cookiesDeseño web e landings · Galicia
Deseñamos webs e landings en WordPress, rápidas, bonitas e doadas de xestionar, pensadas para que te atopen en Google e te contacten ou reserven. E como tamén levamos redes, todo fala o mesmo idioma.
SEO desde o primeiro día: estrutura, textos, velocidade e ficha de Google preparados para aparecer cando te buscan.
Formularios, reservas e pagamentos online para que a túa web venda mentres ti atendes o teu negocio.
Traballamos con WordPress: cambias textos, fotos ou prezos ti mesma, sen depender de ninguén.
Da primeira reunión á túa web publicada, cun único equipo que se encarga de todo.
Entendemos o teu negocio, o teu cliente e o que necesitas que faga a web: vender, reservar ou captar contactos.
Presentámosche a estrutura e o deseño coa túa marca antes de programar nada.
Montamos a web en WordPress, adaptada ao móbil, rápida e co SEO básico feito.
Publicámola, conectamos Google e a analítica, e ensinámosche a xestionala.
Tres formas de ter a túa web, segundo o que necesite o teu negocio.
Algunhas das webs que fixemos para empresas e entidades de Galicia.
Nova web con inscricións e unha estrutura clara para organizadores e participantes.
Identidade, web e redes para unha clínica dental nova en Viveiro.
Depende do tamaño. Unha landing pode estar en poucas semanas e unha web completa necesita algo máis. Na proposta dámosche un calendario pechado.
Si. Traballamos con WordPress e ensinámosche a cambiar textos, fotos e prezos. Se o prefires, facémolo nós co servizo de mantemento.
Si: estrutura, títulos, velocidade, versión móbil e datos do teu negocio configurados desde o principio.
Si. Integramos reservas, formularios avanzados ou pagamentos online segundo o que necesite o teu negocio.
Si, con empresas de toda Galicia, tamén do rural. As reunións poden ser presenciais ou por videochamada.
Cóntanos que necesitas e preparámosche unha proposta con prazos e orzamento pechado.
Usamos cookies para mejorar tu experiencia en nuestro sitio web.
Política de cookies